Renegade´s Diary

Sunday, November 09, 2008

"Unha viaxe fenómena"

"Bueno. Ese día... sentín o que todos deben sentir nun caso así: o mundo viuseme abaixo, quedeime sen aire, o corazón me estoupaba... Que sei eu. Pero despois saín a rúa. E comecei a camiñar. A rúa estaba chea de xente: a Avenida, ¿sabes? E claro: empecei a miralos a todos. Como despedíndome. Dentro dun tempo eu non ía estar máis neste mundo. E eles seguirían camiñando alí... Pero.... de repente recordo a cara dunha rapaza que pasaba, e me mirou ... de repente comecei a ver todo distinto. Quero dicir, a ver todo como é. Porque... ¿sabes, Cristo? ...comecei a sentir que cada un deles, esa rapaza... os nenos... os rapaces... os vellos... o xornaleiro... o taxista que pasaba... todos... todos, eles e máis eu, eramos compañeiros de viaxe. E dunha viaxe... non sei como dicircho, Cristo... Dunha viaxe... dunha viaxe bárbara. Dentro dun tempo ningún de nós vai estar aquí, todos teremos marchado. Pero todos, sen darnos conta, teremos sido compañeiros da mesma viaxe. E dunha viaxe que... Dunha viaxe fenómena, Cristo. Dunha viaxe onde o tempo non ten ningunha importancia; dunha viaxe que ten un minuto nada máis: este. Pero este minuto... no fondo... o ten todo."

Aeroplanos, Carlos Gorostiza

3 Comments:

At 3:35 PM , Blogger MuddyBoy said...

Que forza cobra este monólogo en boca de Pico...

Si señor!

 
At 3:23 PM , Blogger pau said...

A mí leer estas cosas, tan contundentes y tan ciertas, me marea un poco. Menos mal que aún me faltan -según mis cálculos- unas tres o cuatro décadas para empezar a preocuparme! Puede incluso que cinco si dejo algún vicio.

Biquiños!

 
At 11:07 PM , Blogger aKane said...

ahora me arrepiento un poco mucho de no haber ido.
Un placer verte hoy

pd: me he hecho un blog, llámame copiona, hipócrita, aburrida, enganchada etc, :D

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

<< Home