Ahí ven o maio de frores cuberto puxéronse a porta cantándome os nenos os puchos furados pra min extendendo pedíronme crocas dos meus castiñeiros.
Pasai rapaciños calados e quedos que o que é polo de hoxe que darvos non teño eu sonvos o probe: o povo galego pra min non hai maio,pra min sempre é inverno.
Cando eu me atopare de donos liberto que o pan non mo quiten,trabucos e préstemos que,coma os do abade, frorezan meus eidos chegado haberá entonces o maio que eu quero.
Queredes castañas dos meus casiñeiros cantádeme un maio sen bruxas nen demos un maio sen segas, usuras nen preitos
Poema: Curros Enríquez, Música: Luis Emilio Batallán