Renegade´s Diary

Thursday, December 17, 2009

Ahí ven o maio



Ahí ven o maio de frores cuberto
puxéronse a porta cantándome os nenos
os puchos furados pra min extendendo
pedíronme crocas dos meus castiñeiros.


Pasai rapaciños calados e quedos
que o que é polo de hoxe que darvos non teño
eu sonvos o probe: o povo galego
pra min non hai maio,pra min sempre é inverno.

Cando eu me atopare de donos liberto
que o pan non mo quiten,trabucos e préstemos
que,coma os do abade, frorezan meus eidos
chegado haberá entonces o maio que eu quero.

Queredes castañas dos meus casiñeiros
cantádeme un maio sen bruxas nen demos
un maio sen segas, usuras nen preitos

Poema: Curros Enríquez, Música: Luis Emilio Batallán